Cargando resultados...
Buscan restos do obxecto voador derrubado o sábado por avións de combate no Canadá
Buscan restos do obxecto voador derrubado o sábado por avións de combate no Canadá
Trudeau asegura que a análise dos restos é moi importante para coñecer a súa natureza
É semellate ao globo chinés derrubado polos Estados Unidos
Justin Trudeau, primeiro ministro do Canadá
G24.gal
12/02/2023 20:06
Última actualización 12/02/2023 20:12
Equipos de busca do Canadá intentan recuperar os restos do obxecto voador derrubado o sábado por avións de combate ao noroeste do país. O primeiro ministro, Justin Trudeau, xustificou a decisión polo perigo que supoñía o artefacto para a aviación civil e para os cidadáns.
Segundo parece, é semellante ao globo chinés derrubado o 4 de febreiro polos Estados Unidos. Trudeau asegura que a análise dos restos será moi importante para determinar a súa natureza.