Buscan un octoxenario con alzhéimer desaparecido en Boborás
Buscan un octoxenario con alzhéimer desaparecido en Boborás
Malia o amplo dispositivo despregado, de momento non atoparon nin rastro
Continúan buscando o octoxenario que desapareceu este venres á tarde tras saír a dar un paseo polos arredores da aldea de Boborás en que vive. Malia que hai un amplo dispositivo montado, no que participan os equipos de emerxencia, ademais de ducias de veciños, polo momento non atoparon ningún rastro.
Ata última hora desta tarde rastrexaron entre as toxeiras e o mato dun monte de Boborás na procura de Marcial. A busca comezárona coa luz do día, unha gran despregadura da Garda Civil, bombeiros, protección civil e o GES, con drons e cans de rastrexo e unha morea de voluntarios, veciños e parentes do desaparecido.
Marcial Manteiga Veiras ten 86 anos e padece alzhéimer. Este venres foi pasear polos arredores do Regueiro e, sospeitan, non soubo volver á casa. Vírono por última vez ás seis da tarde. Teñen esperanza de que puidese atopar agocho nesta noite que tan fría con temperaturas baixo cero na montaña do Paraño, o tempo xoga na súa contra.