Cae ao mar un guindastre de Navantia Ferrol tras recibir o impacto da grúa dun buque en reparación
Cae ao mar un guindastre de Navantia Ferrol tras recibir o impacto da grúa dun buque en reparación
Foi o impacto da grúa do buque Brave Tern o que derrubou un dos guindastres tipo cegoña do peirao de Navantia e impactou contra unha batea
O barco Brave Tern leva meses en reparación
A primeira hora desta mañá impactaba o guindastre do buque Brave Tern contra un dos guindastres tipo cegoña no peirao de Navantia Ferrol, con tanta forza que o tirou ao mar. No momento do accidente na zona había fortes refachos de vento.
A manobra de movemento da guindastre do buque Brave Tern estábaa realizando o armador asistido por prácticos e remolcadores do porto, segundo explican fontes de Navantia. Aseguran que "por razóns que se están investigando", nesta manobra o guindastre do Brave Tern derrubou o do peirao do estaleiro que caeu ao mar sobre unha batea.
O estaleiro activou de forma inmediata o comité de emerxencia e puxéronse en marcha os protocolos establecidos. Neste incidente ningunha persoa resultou ferida e Navantia asegura que mobilizou todos os medios para o control e seguimento da situación, que non supón ningún risco para persoas nin instalacións.
O buque Brave Tern leva meses en reparación na ría de Ferrol, primeiro na antiga Astano e agora en Bazán