Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae parte do muro da igrexa de Sarreaus cando estaban na misa

Cae parte do muro da igrexa de Sarreaus cando estaban na misa

Non houbo feridos, pero as pedras estragaron varias sepulturas

Os veciños levaban tempo advertindo do mal estado do templo

Veciños de Sarreaus observan os danos causados pola caída do muro
G24.gal 02/05/2022 14:09

O suceso aconteceu o domingo ao mediodía. Arredor de medio cento de fieis acudiran á igrexa de San Salvador, en Sarreaus, para asistir a misa cando se decataron de que saía po dunha parede. Alertaron o párroco e decidiron ter a eucaristía no adro do templo, ao aire libre, por seguridade.

Durante a celebración parte do muro exterior dun lateral da igrexa derrubouse. Un forte estrondo, din as testemuñas, que, afortunadamente, tan só provocou danos materiais. As pedras, de grandes dimensións, caeron sobre varias sepulturas rompendo ao redor dunha ducia de lápidas. Pero din que as consecuencias puideron ser peores se non se decatasen a tempo.

É a igrexa parroquial de catro localidades. Os veciños levan anos alertando da súa deterioración. Afirman que no interior si que se reforzara o muro pero que na parte exterior notábase como se abrían as fendas dun día para outro.

Dende o bispado recoñecen que xa tiñan un expediente aberto. Un arquitecto enviado pola diocese xa inspeccionou a zona e están pendente de Patrimonio para acometer o arranxo do templo, do século XVIII.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade