Cargando resultados...
Cae unha rede que estafou millón e medio de euros a 200 persoas en España por Internet
Cae unha rede que estafou millón e medio de euros a 200 persoas en España por Internet
Hai varias persoas detidas na Coruña e Lugo como supostos integrantes da organización
G24.gal
07/11/2021 10:58
Última actualización 22:10
Axentes da Policía Nacional desarticularon un grupo criminal que lle estafara millón e medio de euros a máis de 200 persoas en toda España.
Dedicábanse á comisión de estafas a través de Internet, utilizando páxinas web fraudulentas ou ben a través da concesión de falsos préstamos. Os responsables da organización contaban con persoas que exercían de mulas no noso país, ás que mesmo chegaban a ameazar de morte para conseguir que fixesen o que lles mandaban.
Hai 45 detidos en toda España, varios deles nas provincias de Lugo e da Coruña. A investigación continúa aberta.