Cargando resultados...
Caída das temperaturas con termómetros baixo cero en Calvos de Randín
Caída das temperaturas con termómetros baixo cero en Calvos de Randín
Xinzo de Limia e Baltar quedaron rozando os valores negativos
En Calvos, o mercurio baixou ata os -2,8 graos
G24.gal
26/09/2022 14:30
O cambio de estación devolveunos á realidade do calendario. O outono estreouse cunha baixada de temperaturas que chegaron a caer este luns ata os 2,8 baixo cero en Calvos de Randín.
En xeral, toda a comarca da Limia amenceu cos termómetros arredor dos 0 graos. Unha caída no mercurio que contrastas coa calor da semana pasada e que nos obriga a botar man xa da roupa de abrigo.
O paraugas, no interior, non fará falta ata o mércores, cando se agarda chuvia aínda que non en grandes cantidades.