Calvos de Randín, con -8,5º graos, rexistra a temperatura máis baixa de Galicia
Calvos de Randín, con -8,5º graos, rexistra a temperatura máis baixa de Galicia
O resto do sur ourensán tamén notificou esta madrugada valores máis altos que a xornada previa, pero foron de -6,2 graos en Verín e Xinzo, e de -6,1 no municipio de Baltar
As xeadas tamén alcanzaron o interior de Pontevedra, con -5 en Mouriscade, Lalín, ás 8:40 da mañá
O sur da provincia de Ourense, que de novo viviu unha madrugada de alerta amarela por frío, volveu rexistrar temperaturas por baixo dos 6 graos negativos. A marca, de novo, foi para o municipio de Calvos de Randín, con -8,5 graos ás 8:40 da mañá.
Así o reflicten os valores extremos de Meteogalicia, que xa prognosticaba para este mércores un lixeiro ascenso das temperaturas mínimas. De feito, Calvos de Randín non alcanzou os -10 graos que rexistrou o martes.
O resto do sur ourensán tamén notificou esta madrugada valores máis altos que a xornada previa, pero foron de -6,2 graos en Verín e Xinzo, e de -6,1 no municipio de Baltar. Na Mezquita, a estación meteorolóxica baixou ata os -5,4 ás 9:10 horas.
En canto a outras provincias, as xeadas tamén alcanzaron o interior de Pontevedra, con -5 en Mouriscade, Lalín, ás 8:40 da mañá. En Lugo, a estación de Ventosa, no municipio de Navia de Suarna, rexistrou a mínima de -2 graos ás 5:20.