Publicador de contidos
Publicador de contidos

Calvos de Randín repite como o conxelador de Galicia, con -7,5 ºC

Calvos de Randín repite como o conxelador de Galicia, con -7,5 ºC

Esta foi a xornada con máis zonas baixo cero do ano na comunidade 

A localidade ouresá de Calvos de Randíb rexistro unha mínima de -7,5 graos
G24.gal 25/01/2022 10:19

Ás oito da mañá en Lugo os termómetros aínda rexistraban temperaturas baixo cero, despois doutra noite de intenso frío cunha mínima de menos catro.

Por segunda xornada consecutiva, a vila de Sarria, con seis baixo cero, marcou a mínima provincial e en Monforte a mínima foi de menos cinco."Isto é horrible", lamentaban os veciños. 

Frío intenso tamén na provincia de Ourense, onde os valores están por baixo do que corresponde para a época do ano.

A mínima de Galicia volveuna rexistrar Calvos de Randín, na comarca da Limia, cuns xélidos menos sete graos e medio.

En Xinzo chegaron aos 7 baixo cero e na capital ás nove da mañá os termómetros aínda non recuperaran valores positivos."A verdade é que vai moitísimo frío, o coche dorme fóra e teño que acendelo media hora antes para que desconxele"

As previsións apuntan a unha mellora paulatina da situación nos próximos días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos