Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cambios na Conferencia de Presidentes: as comunidades autónomas poderán promover reunións de urxencia

Cambios na Conferencia de Presidentes: as comunidades autónomas poderán promover reunións de urxencia

As decisións tomaranse por consenso sempre que asistan os dous terzos dos mandatarios autonómicos

G24.gal 26/11/2021 08:27

O Goberno quere reforzar o peso político da Conferencia de Presidentes. As decisións tomaranse por consenso sempre que asistan os dous terzos dos mandatarios autonómicos.

Este venres pola mañá reúnese o Comité Preparatorio para aprobar o novo regulamento e convocar a conferencia de xaneiro. A Conferencia creouse en tempos de José Luis Rodríguez Zapartero, pero cando colleu peso político foi durante a pandemia.

Co novo regulamento vaise reunir polo menos dúas veces ao ano, pero as comunidades autónomas poden promover xuntanzas de urxencia se o piden dez presidentes. A sede da Conferencia será o Senado, pero poderá reunirse en calquera lugar do Estado.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade