Cargando resultados...
Comeza en Galicia unha campaña especial de control de camións e autobuses
Comeza en Galicia unha campaña especial de control de camións e autobuses
En 2022, tres persoas faleceron en Galicia en accidentes relacionados con camións e outras sete en accidente de autobús
G24.gal
13/02/2023 09:31
A Dirección Xeral de Tráfico comezou este luns unha campaña especial de vixilancia de camións e autobuses en Galicia. Durante toda a semana intensificarase o control das condicións técnicas dos vehículos, a velocidade e a seguridade da carga transportada.
A mesma campaña do ano pasado serviu para o control de 3.295 vehículos nas estradas galegas, onde circulan unha media de máis de 15.500.
En 2022, tres persoas faleceron en Galicia en accidentes relacionados con camións e outras sete nun accidente de autobús.