Cancelacións de viaxes nas axencias galegas pola guerra
Cancelacións de viaxes nas axencias galegas pola guerra
O sector agardaba que este fose o ano da recuperación económica
Mantense a aposta polo turismo nacional
Durante os dous anos de pandemia, as axencias de vaixes notaron cómo prácticamente desaparecían as viaxes de lecer ao estranxeiro. Este ano tiñan a esperanza de que comezase a recuperación no sector co alivio das restricións e xa comezaban a rexistrar reservas para cruceiros, safaris e viaxes ao Caribe.
Porén, a invasión de Ucraína e a tensión xerada pola guerra fai que moitos galegos cancelen eses plans. Ademais, os prezos dos combustibles, que xa repercuten nas tarifas dos billetes de avión, tamén desaniman os consumidores.
Explican que dende o inicio da invasión en Uncraína tamén recibiron moitas anulacións de reservas feitas dende latinoamérica para viaxar a Galicia.
Con todo, dende o sector confían en que a situación mellore a partir da semana santa, aínda que ven complicado acadar as cifras dos anos anteriores a pandemia.