Carlos Lesmes renuncia á presidencia do Supremo e do Poder Xudicial
Carlos Lesmes renuncia á presidencia do Supremo e do Poder Xudicial
Este luns formaliza a súa dimisión polo bloqueo na renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial
Pedro Sánchez convocou a Núñez Feijóo a unha xuntanza de urxencia este mesmo luns
O presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes, dimite. Este luns formalizará a súa decisión.
A renuncia chega despois de meses de bloqueo na renovación do órgano dos xuíces. Este domingo remataba o prazo dado por Lemes para que Goberno e oposición chegaran a un acordo.
Nada máis coñecerse a nova, o presidente do Goberno convocou o líder da oposición a unha xuntanza de urxencia. Pedro Sánchez citou a Alberto Núñez Feijóo para este mesmo luns.
O líder dos populares confirmou nun chío que acudirá coa mellor disposición e lembrou que na Moncloa xa está desde xullo a súa oferta de pacto para garantir a independencia da xustiza como pide a Unión Europea.