Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Mouriz, na Radio Galega: "Nunca ratifiquei un adestrador porque é o anticipo de botalo"

Carlos Mouriz, na Radio Galega: "Nunca ratifiquei un adestrador porque é o anticipo de botalo"

O Director Xeral do Rácing pasou polos micrófonos da Radio Galega para analizar o momento delicado que vive o club

"Si as situacións son as que son todos sabemos o que pasa no fútbol" asegurou sobre a continuidade de Cristóbal

G24.gal 11/12/2024 20:17

O Director Xeral do Rácing de Ferrol Carlos Mouriz pasou polos micrófonos da Radio Galega para analizar a difícil situación que vive o club despois da derrota por 1-5 contra o Oviedo. "A situación é mala, complicada e difícil. Temos que facer o que sexa para saír dela. A preocupación é a deportiva. O equipo ten que cambiar de imaxe. Non se pode perder do xeito que perdemos o outro día", comezou comentando.

Diante da pregunta sobre a continuidade de Cristóbal Parralo Mouriz non se quixo mollar porque "a ratificación dun adestrador é o anticipo de botalo. Nunca ratifiquei un adestrador. Cristóbal é unha persoa de fútbol, é o primeiro interesado en que as cousas lle vaian ben. Pero si as situacións son as que son xa sabemos o que pasa no fútbol. Hai unha marxe, tempo para cambiar algunha cousa a partir de xaneiro, recuperar algún xogador dos mancados". Mouriz confía en darlle a volta a situación que o Rácing comece a sacar a cabeza do descenso.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos