Carlos Sainz exhíbese en Australia e racha o dominio de Red Bull
Carlos Sainz exhíbese en Australia e racha o dominio de Red Bull
O piloto español gaña despois de sufrir hai dúas semanas unha operación de apendicite
O español Carlos Sainz (Ferrari) gañou o Grande Premio de Australia, o terceiro do Mundial da Fórmula Un, disputado no circuíto de Albert Park. Fernando Alonso (Aston Martin) rematou no sexto posto xusto por detrás de Checo Pérez, pero foi sancionado e perdeu dúas prazas na clasificación final.
Sainz, que hai dúas semanas foi intervido de urxencia dunha apendicite -motivo polo que se perdeu a proba de Arabia Saudí-, gañou de xeito espectacular unha carreira na que o seu compañeiro Charles Leclerc acabou segundo e Lando Norris (McLaren) rematou na terceira posición.
Max Verstappen (Red Bull), que segue á fronte do Mundial, abandonara por unha avaría nos freos logo da quinta das 58 voltas que se deron á pista australiana. O outro McLaren, o do australiano Oscar Piastri, foi cuarto.
A vindeira carreira, no Xapón, disputarase o vindeiro 7 de abril en Suzuka.