Carlos Sainz remata en Singapur coa tiranía dos Red Bull
Carlos Sainz remata en Singapur coa tiranía dos Red Bull
Primeira vitoria da temporada para o piloto madrileño
Alonso estivo moi discreto cun 15º posto
O piloto español Carlos Sainz (Ferrari) logrou no Grande Premio de Singapur a súa segunda vitoria na Fórmula Un ao impoñerse desde o primeiro posto da grella e liderando todas as voltas.
O asturiano Fernando Alonso (Aston Martin) acabou no 15º posto e os británicos Lando Norris (McLaren) e Lewis Hamilton (Mercedes) completaron o podio.
Sainz gañou con mestría, xestionando os pneumáticos mellor ca ninguén e defendéndose cando o precisou. Ningún outro piloto que non fora de Red Bull conseguira gañar nas catorce carreiras anteriores. O madrileño quería demostrar o seu gran momento de forma, viña de gañar a segunda "pole" consecutiva e non desaproveitou a ocasión.
Coidou as gomas cando precisaba, reduciu o ritmo e arriscouse a que Russell, Norris e Hamilton se achegasen. Nun circuíto en que é moi difícil adiantar, a estratexia foi a súa mellor aliada e logrou estrearse esta temporada.