Catro casos da variante kraken da COVID-19 detectados en Galicia
Non se prevé que teña consecuencias máis graves ca as variantes circulantes ata o de agora

Galicia detectou catro casos de variante da COVID-19 coñecida como kraken, dous pacientes da área de Pontevedra e outros dous localizados na área da Coruña.
A Dirección Xeral de Saúde Pública do Goberno galego remarca: "Coa información epidemiolóxica dispoñible, non se prevé que esta nova variante teña consecuencias máis graves ca as variantes circulantes ata o momento".
A Xunta volve chamar a poboación a que acuda aos centros para completar a súa vacinación contra a COVID-19. Para os que teñen pendentes a cuarta dose, existen 29.000 citas semanais dispoñibles para adultos e unhas 1.100 para nenos.
Todas se poden xestionar a través do sistema de autocita.