Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro detidos na Coruña por pertencer a unha banda que obtiña permisos de conducir ilegalmente

Catro detidos na Coruña por pertencer a unha banda que obtiña permisos de conducir ilegalmente

Foron detidas 18 persoas nas provincias de Madrid, A Coruña, Sevilla, Pontevedra e Murcia

A organización criminal presentábase a exames teóricos de conducir a cambio de 2.000 euros

Fixéronse rexistros en Ferrol e Madrid Fixéronse rexistros en Ferrol e Madrid
G24.gal 29/12/2023 10:28

A Garda Civil e a Policía Nacional de Madrid desarticulan unha organización criminal dedicada á obtención de permisos de conducir de forma fraudulenta. Dezaoito, catro na Coruña, é o número de detidos no marco desta operación, que recibe o nome de Carshinovel. 

As detencións leváronse a cabo nas provincias de Madrid, A Coruña, Sevilla, Pontevedra e Murcia, a onde os suplantadores se desprazaban para realizar os exames. Fixéronse rexistros en Madrid -nun local e nunha autoescola- e un en Ferrol, nun establecemento. Eran os lugares onde falsificaban a documentación.

O grupo criminal suplantaba a identidade de persoas que non tiñan os coñecementos para obter o permiso de conducir B. Estas pagaban aos integrantes para falsificar os documentos de identidade e así presentarse aos exames.

Redes sociais ou persoas de confianza eran os vínculos de contacto entre os interesados e os integrantes da organización. O método utilizado consistía en solicitar o documento de identidade aos interesados e pedirlles 400 ou 500 euros. A continuación, falsificaban o documento da persoa que quería conseguir o carné de conducir.

Unha vez feito o exame, a persoa suplantada aboaba a totalidade do importe pactados, que ascendía ata os 1.500 ou 2.000 euros. Normalmente, realizaban un exame á semana, pero algúns dos integrantes chegaban a realizar incluso dous ou tres cada semana.

No caso da recuperación para o permiso de conducir por perda total de puntos, solicitaban unha certa cantidade de diñeiro. A través dun pacto cunha autoescola, expedíanse os certificados necesarios para volver obter o permiso, sen acudir aos cursos requiridos.

A operación continúa aberta co obxectivo de cancelar os permisos das persoas que os obtivesen a través desta fraude. Foi levada a cabo por axentes do Grupo Central de Investigación e Análises da agrupación de Tráfico da Garda Civil, así como da comisaría de Policía Municipal do distrito madrileño de Puente de Vallecas e de Policía Xudicial de Tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade