Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro vivendas e unha vía urbana confirman un poboado romano importante en Brandomil

Catro vivendas e unha vía urbana confirman un poboado romano importante en Brandomil

As escavacións na Pedra do Altar descobren un asentamento do século I cun urbanismo complexo

Os arqueólogos queren que a calzada romana volva ser parte do camiño de Santiago a Muxía

 

Arqueólogos traballan na escavación de Pedra do Altar
G24.gal 10/08/2022 11:06

A escavación arqueolóxica de Brandomil, en Zas, está desenterrando catro edificios e unha vía urbana do que se supón que foi un dos grandes asentamentos romanos de Galicia. Os arqueólogos pretenden a longo prazo que o poboado se integre no Camiño de Santiago a Muxía.

As escavacións de Brandomil empezaron en 2019 e daquela atoparon un importante tramo da vía romana que unía a zona coa Costa da Morte. Este ano acometen a terceira fase no lugar de Pedra do Altar, e están a confirmar que baixo as leiras houbo no século I un importante asentamento. 

"Do que se pensaba que era o Brandomil romano hai 15 anos ao que sabemos agora, a extensión dos restos é catro veces máis grande, achegámonos a 14 ou 15 hectáreas e estariamos falando dun aglomerado xa de primeira orde", di Lino Gorgoso, director das escavacións arqueolóxicas de Brandomil

Entre os achados máis importates desta fase hai casas e unha nova calzada, neste caso unha vía ubana, unha rúa.


"Temos catro ou cinco vivendas suntuarias, de certa entidade, con materiais de importación e vemos que hai un urbanismo complexo. O que se xunta aquí é un trazado urbano. Vemos que polo menos durante unha centuria hai unha ocupación romana importante, explica Lino Gargoso.

En vindeiras fases agardan atopar máis restos que permitan deixar o poboado ao descuberto.

"Á parte de ter a vía romana á vista e que sexa parte do Camiño de Santiago a Muxía, poder ofrecer tamén algún contexto da propia vía. Vivían ao lado, porque non ter parte dese xacemento visitable?", engade Gorgoso.

A de Brandomil é agora a escavación arqueolóxica máis importante de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade