Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cayetana Álvarez de Toledo revela que lle extirparon un tumor de mama

Cayetana Álvarez de Toledo revela que lle extirparon un tumor de mama

A deputada do PP lémbralles ás mulleres en idade de risco: o diagnóstico precoz salva vidas

Detectáronlle o tumor hai dous meses nunha mamografía de rutina e realizáronlle a intervención na Fundación Jiménez Díaz de Madrid

CAyetana Álvarez de Toledo nunha imaxe no Congreso CAyetana Álvarez de Toledo nunha imaxe no Congreso
G24.gal 13/05/2023 11:05

A deputada do PP por Barcelona Cayetana Álvarez de Toledo informou este sábado de que este venres se lle practicou unha tumorectomía no hospital Fundación Jiménez Díaz de Madrid, tras detectarlle indicios de cancro nun peito.

Nunha publicación no seu perfil de Twitter, Álvarez de Toledo explicou que hai dous meses lle detectaron, nunha mamografía de rutina, indicios de cancro nun peito e que na tarde deste venres, 12 de maio, foi intervida.

A que fora portavoz do PP no Congreso agradeceu aos "excelentes equipos" do hospital, "en especial ás doutoras Ruiz Jiménez, Osorio, Benítez e Pérez de la Fuente".

Por último, lembrou "a todas as mulleres en idade de risco" que "o diagnóstico precoz salva vidas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade