Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cazan un xabaril de 154 quilos en Vilariño de Conso

Cazan un xabaril de 154 quilos en Vilariño de Conso

O animal podería ser un dos que denominan 'vakamulo'

Imaxe do animal cazado en Vilariño de Conso Imaxe do animal cazado en Vilariño de Conso
G24.gal 27/10/2021 14:35

É unha imaxe que impresiona: un xabaril de 154 quilos. Un exemplar que chama a atención e que tivo que ser retirado coa axuda dun tractor.

Apresouno esta fin de semana unha peña de cazadores en Vilariño de Conso dun só tiro durante unha batida organizada.

Podería tratarse do que se coñece na zona da Ribeira Sacra como vakamulo. Un tipo de xabaril que por mor das condicións naturais da zona vive ás súas anchas nestes territorios e pode chegar a pesar máis de 180 quilos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade