Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 5.000 persoas congréganse en Lugo para celebrar o Día do Veciño

Máis de 5.000 persoas congréganse en Lugo para celebrar o Día do Veciño

Na provincia lucense hai unhas 20.000 persoas inscritas nalgunha das máis de 300 asociacións veciñais

G24.gal 23/10/2022 18:12 Última actualización 23/10/2022 18:54

O Pazo de Congresos de Lugo acolleu este domingo a XX edición do Día do Veciño, unha xornada na que se celebra o asociacionismo e a veciñanza. Máis de 5.000 persoas participaron no evento baixo o lema "hai que seguir loitando sempre".

Dende primeira hora, ducias de persoas voluntarias traballaron para ter preparado o pavillón. Friame, chourizo, pementos de Mougán e biscoito foron algúns dos produtos que prepararon para o xantar.

Calcúlase que na provincia de Lugo hai unhas 20.000 persoas inscritas nalgunha das máis de 300 asociacións de veciños. Como dato cómpre salientar que en Lugo hai máis asociados ca na suma das outras tres provincias galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade