Publicador de contidos
Publicador de contidos

Centos de visitas á iluminación das casas dun lugar de San Cibrao

Centos de visitas á iluminación das casas dun lugar de San Cibrao

Os veciños levan dous anos decorando as vivendas pola súa conta

Están sorprendidos polo número de visitantes

G24.gal 06/12/2021 20:21

A pista que cruza a Mioteira converteuse nun paseo que atrae centos de visitantes todas as noites para ver como os veciños do lugar decoraron as vivendas. Foi un traballo moi duro, pero que se está a ver recompensado pola curiosidade que esperta a iluminación, que atrae xente de toda a provincia de Ourense. Aínda co prezo que ten a luz, os donos das casas cren que paga a pena o esforzo.

Este é o segundo ano que se decoran as casas na Mioteira e o éxito está a ser total. Os visitantes aproveitan a ponte festiva para comprobar a despregadura técnica e imaxinativa dos veciños deste lugar. Din que, na súa medida, en nada desmerece a iluminación de Vigo.

O reto para o vindeiro ano é conseguir que os veciños doutros lugares da parroquia se sumen á iniciativa da decoración e convertela nun lugar de visita obrigada no Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar