Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cestas de Nadal en carretillas nun bar de Brión

Cestas de Nadal en carretillas nun bar de Brión

Un bar sortea carretillas en combinación coa terminación do Gordo

G24.gal 08/12/2021 14:17

Ao entrar neste bar de Brión hai algo que chama moito a atención. Son as 25 cestas de Nadal que xa ocupan medio local.

Empezaron con esta tradición de sortear carretillas hai xa uns anos e foron tendo cada vez mellor acollida entre os clientes, pero din que o deste ano é realmente sorprendente.

O que máis tirón ten son as carretillas, pero para variar incluiron tamén artesas e bancos que se converten en táboas de planchar.

Este tipo de lotes son estandar porque os fai unha empresa especializada niso. Pero Rocío e o seu home engádenlles a maiores un décimo de lotería distinto a cada un. E ademáis fan eles mesmos duas carretillas moi especiais para os seus clientes máis novos.

Decidiron parar no lote 25 porque se estaban quedando sen sitio no bar para atender aos clientes. Ademais a xestión das rifas tamén lles da o seu traballo, pero teñen claro que compensa pola repercusión que ten o polo que se vive no local cada 22 de decembro.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade