Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chega o Día de Defuntos e a suba nos prezos tamén se nota nas flores

Chega o Día de Defuntos e a suba nos prezos tamén se nota nas flores

Todos os Santos supón un terzo das vendas anuais das florerías

G24.gal 29/10/2022 14:38 Última actualización 29/10/2022 15:37

As florerías están preciosas estes días, cheas da cor que dan as flores. Para o sector son datas sumamente importantes; este é o seu agosto, cando, polo xeral, fan un terzo do que facturan no ano.

Malia a suba dos custos, os floreiros tratan de manter os prezos de anos anteriores, sobre todo nos clásicos, como crisantemos, rosas e caraveis.

En todas as florerías que visitamos tiveron que contratar máis persoal nesta campaña, entre dúas e catro persoas de media. Nas máis delas xa non admiten encargas, e hai algunha, coma esta, que prefire ofrecer os ramos xa preparados.

Na nosa cultura, as flores de defuntos exteriorizan o afecto, a lembranza e o respecto, nun día no que o branco e o vermello son as cores máis usadas.

É tal o volume de traballo, que esta fin de semana son moitas as florerías que non van pechar hoxe no xantar nin mañá en todo o día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar