Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chegan as primeiras nevaradas do inverno á montaña de Lugo e Ourense

Chegan as primeiras nevaradas do inverno á montaña de Lugo e Ourense

Os fortes ventos deixan refachos de máis de 130 quilómetros por hora en Muras

G24.gal 15/01/2023 10:00 Última actualización 15/01/2023 14:13

Chegaron este domingo as primeiras nevaradas do inverno a Galicia. En Pedrafita do Cebreiro os termómetros caeron ata os menos dous graos. En Manzaneda e no Xurés achegáronse aos catro graos baixo cero.

Ata as nove da mañá estivo activa unha alerta amarela por acumulación de neve na montaña de Lugo e de Ourense, pero foi pouco o que caeu. A cota vai ir ascendendo conforme avance o día.

Estivo nos 800 metros esta noite e situarase a partir de agora nos 1.000. O episodio de nevaradas podería cobrar forza nos primeiros días da semana. 

Refacho máximo

Á marxe do temporal de neve, o protagonista nas últimas horas foi o vento. Houbo aviso amarelo na Mariña e na costa coruñesa, tanto en terra coma no mar. En Muras rexistrouse o refacho máximo, de 133 quilómetros por hora. Choveu tamén copiosamente en boa parte de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade