Cargando resultados...
A China abre as fronteiras ao turismo estranxeiro
A China permite dende hoxe a expedición de visados turísticos, prohibidos dende hai tres anos
O turismo supuxo en 2019 o 0,9 % do PIB chinés

G24.gal
15/03/2023 08:09
Última actualización 15/03/2023 08:54
A China reabre as súas fronteiras aos turistas estranxeiros, que estaban pechadas dende hai tres anos por causa da pandemia de covid-19.
Dende hoxe mesmo permite a expedición de visados de todo tipo, incluídos estes, os turísticos. Outro signo de apertura despois de que as autoridades de Beijin declarasen hai un mes que venceron o virus.
Malia todo, non agardan que supoña un gran cambio na súa economía: no 2019 o turismo era menos do un por cento do PIB chinés.