Publicador de contidos
Publicador de contidos

Choque entre Sánchez e Feijóo sobre a reforma da cúpula xudicial e a Constitución

Choque entre Sánchez e Feijóo sobre a reforma da cúpula xudicial e a Constitución

 No contexto da crise xudicial, Sánchez asegurou, aludindo ao PP, que o incumprimento da Constitución por parte dalgúns partidos conduce á deterioración da democracia

Mentres, Feijóo sinalaba que a orde constitucional non se protexe a prazos ao tempo que se pacta cos independentistas o cambio do Código Penal

G24.gal 29/10/2022 20:08 Última actualización 29/10/2022 20:24

Pedro Sánchez, desde Sevilla, apelou ao cumprimento da Constitución "de pé a pa", tanto se se está no Goberno como na oposición, en relación coa renovación da cúpula xudicial. Aludiu ao PP, sen nomealo explicitamente, como partido que non cumpre o texto Constitucional e tamén reivindicou a autonomía do proxecto socialista fronte aos ceden ante os grupos de presión.

"Que desde partidos políticos se incumpra sen pudor ningún o cumprimento coa Constitución é a derrota da moderación, o triunfo do extremismo, porque o que fai é deteriorar a nosa democracia e o que dicía Filipe, a convivencia. Ese non é o noso caso".

A versión de Núñez Feijóo desde Lugo contrastaba absolutamente. Acusou a Sánchez de mentir na negociación do Consello Xeral do Poder Xudicial e de preferir a vía do radicalismo e do independentismo. O presidente do PP asegurou que non é posible "pactar ao mesmo tempo cos constitucionalistas mentres se negocia o Código Penal cos que delinquen".

 "A orde constitucional non se protexe a prazos ou por partes. A orde constitucional non é compatible con aprobar unha lei para profundar na independencia do poder xudicial e despois pactar un Código Penal con aqueles que non están dispostos a cumprir a lei".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade