Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cinco medallas de ouro para o mel de Terras de Boborás

Cinco medallas de ouro para o mel de Terras de Boborás

Conseguiron catro nos Mediterranean Taste Awards e unha nos London Honey Awards

Ademais do mel, o xurado profesional galardoou o chocolate, o licor e mais a crema de cacao, que elaboran tamén a base de mel

 

 

Produtos galardoados coas medallas de ouro
G24.gal 13/06/2023 20:45 Última actualización 13/06/2023 21:00

Estes son os galardoados: chocolate negro con mel, crema de cacao edulcorada con mel, licor de mel cen por cento natural, e a base de todo, o propio mel amparado pola indicación xeográfica protexida.

Johny Trigás, empresario apicultor: "Que vexan no resto do mundo que non só aquí, senón en toda Galicia, hai ganas de emprender no rural, a xente nova temos capacidade para facelo, só nos fai falta que nos dean un empuxón".

Conseguiron este recoñecemento en dous prestixiosos certames que se celebran en Londres, os premios a sabores mediterráneos, con dous mil participantes de Europa e Asia, e o máis específico do mel, os London Honey Awards, que recoñecen as cualidades excepcionais dun mel que se produce de xeito ecolóxico e que lles debe o sabor ás condicións específicas de cada primavera en Boborás.

Johny Trigás, empresario apicultor: "Ao catar o mel, que non sexan sabores planos, que notes os matices no sabor. Este ano era unha porcentaxe do 50 % de castiñeiro e o restante de carrasco".

Levan tres anos no mercado e non deixan de marcar retos: o próximo, montar o seu propio obradoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade