Publicador de contidos
Publicador de contidos

Colapsa un edificio deshabitado no barrio ferrolán de Esteiro

Colapsa un edificio deshabitado no barrio ferrolán de Esteiro

O inmoble derrubouse sen causar feridos

G24.gal 27/02/2024 18:20 Última actualización 27/02/2024 20:48

O edificio deshabitado situado no número 37 da rúa Carlos III do barrio de Esteiro colapsou á primeira hora da tarde deste martes, sen causar feridos. Segundo as primeiras informacións, non se rexistrou ningún ferido, pero un vehículo que estaba estacionado na zona viuse alcanzado por algúns dos restos do edificio.

Ao lugar acudiron de inmediato os bombeiros de Ferrol, axentes da Policía Local de Ferrol e Protección Civil de Ferrol, ademais do alcalde, José Manuel Rey Varela, e os edís de Servizos e Urbanismo.

Rey Varela manifestou que "a rehabilitación e asegurar o estado en que se atopan moitas vivendas dos centros históricos" é un dos seus "obxectivos", que pretende "intensificar ao longo dos próximos anos".

O edificio que se derrubou é contiguo a outros dous que xa colapsaran hai meses na rúa Carlos III, e neste caso o inmoble tamén dá a outra vía, á rúa Fernando VI número 38.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade