Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comesaña apela ao diálogo e a buscar solucións á folga da sanidade

Comesaña apela ao diálogo e a buscar solucións á folga da sanidade

A Consellería de Sanidade negocia melloras retributivas cos sindicatos que teñen representación na Mesa Sectorial

O Sergas cifrou o seguimento da folga nesta quinta xornada nun 3%

G24.gal 15/04/2023 20:57 Última actualización 15/04/2023 21:07

O conselleiro de Sanidade volve apelar ao diálogo e a buscar solucións á folga da sanidade convocada polo sindicato médico CESM. Julio García Comesaña insiste en que desde a Consellería de Sanidade manteñen a man tendida.

"Tomamos nota da situación que estamos a vivir, somos conscientes de que hai cousas que mellorar sempre e, por suposto, a man tendida para o diálogo, por suposto na Mesa Sectorial cos representantes elixidos polos traballadores e tamén nos ámbitos que haxa que sentarse e negociar por suposto", di Comesaña.

A Consellería de Sanidade negocia melloras retributivas cos sindicatos que teñen representación na Mesa Sectorial. Este venres acordaban abordar o vindeiro 20 de abril as condicións salariais do persoal estatutario e dos MIR. Tamén abordarán, entre outros temas, as gardas e a atención continuada de todo o persoal. Nesa reunión non estivo presente o sindicato CESM.

"Nesa revisión que nos comprometemos a facer pois falarase de aspectos que afectan a todos os profesionais e outros aspectos que só afectan a certas categorías", engade.

Esta negociación afecta a 43.000 traballadores das diferentes categorías profesionais e aos residentes en formación.

O Sergas cifrou o seguimento da folga nesta quinta xornada nun 3 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar