Publicador de contidos
Publicador de contidos

A lonxa de Ribeira vende 4.000 quilos de polbo no primeiro día de campaña

A lonxa de Ribeira vende 4.000 quilos de polbo no primeiro día de campaña

A lonxa de Ribeira poxou 4.000 quilos e a primeira parada foi a 11,55 euros

En Galicia hai case 1.200 embarcacións de artes menores con permex de nasa de polbo

A lonxa de Ribeira é a segunda que máis polbo move de Galicia
G24.gal 04/07/2022 21:04 Última actualización 04/07/2022 22:13

Había mes e medio que os tentáculos do polbo non chegaban ás lonxas.

Hoxe, a maioría dos barcos puido coller os topes: 30 quilos por embarcación e outros 30 por mariñeiro enrolado ata un máximo de 210 quilos.

A partir de setembro, esa cantidade subirá ata os 50 quilos por tripulante e un máximo de 350 quilos por día.

A lonxa de Ribeira é a segunda que mais polbo move despois da da Coruña.

Esta tarde poxáronse case 4000 quilos. O mellor pagouse a 11,55 €. A esta cantidade hai que  lle engadir o IVE. 

Os mariñeiros din que para ser o primeiro día non hai tanta cantidade e que o talle é mediano.

Polbos de máis de tres quilos na lonxa de Ribeira Polbos de máis de tres quilos na lonxa de Ribeira

Veda de seis semanas

A veda deste ano foi de seis semanas. Cada federación provincial debate e decide a súa proposta. Despois a Xunta establece a veda en función da que máis consenso teña. Uns cren que é un período asumible; outros son partidarios de vedas máis longas. "Facía falla que se alongase ata os dous ou tres meses para que recuperara ben pero tres meses sen ingresos é unha pasada", comenta Juan Carlos.

20 millóns na campaña pasada

A costeira do ano pasado rematou con 2.100 toneladas de capturas e uns ingresos de 19,8 millóns de euros.

Comparados cos datos da última década, as capturas estiveron un chisco por riba da media e os ingresos foron un 29% superiores á media, que é de 14 millóns. De feito, a campaña pasada foi a mellor da última década desde o punto de vista dos ingresos.

Das 256 especies que se venden en Galicia o polbo é a sétima que máis cartos deixa

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos