Cargando resultados...
Comeza o xuízo contra o home que presuntamente falsificou billetes na súa casa de Vigo en 2015
Comeza o xuízo contra o home que presuntamente falsificou billetes na súa casa de Vigo en 2015
G24.gal
05/02/2023 18:22
Última actualización 05/02/2023 18:43
O xuízo contra o home que imprimía e usaba billetes falsos en Vigo celebrarase o martes na sede da cidade da Audiencia Provincial.
A Fiscalía pide para el unha pena de catro anos e seis meses de prisión así como unha multa de case cincocentos euros. Os feitos remóntanse ao ano 2015 cando o presunto falsificador pagou en varias ocasións e en distintos negocios da cidade olívica con billetes de cincuenta euros que imprimía na súa propia casa.