Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan os preparativos no Congreso para a xura da Constitución da Princesa de Asturias

Comezan os preparativos no Congreso para a xura da Constitución da Princesa de Asturias

O día 31 a princesa de Asturias fai 18 anos e xura a Constitución

Haberá sesión conxunta do Congreso e do Senado

Nun acto no Palacio Real, o Goberno imporalle o colar da Orde de Carlos III

G24.gal 24/10/2023 13:58

No Congreso dos Deputados comezan os preparativos para a xura da Constitución da princesa de Asturias. Farao 37 anos despois de que o fixera o seu pai, daquela principie Filipe, agora rei Filipe VI.

Os cambios no Congreso están en marcha. Retíranse os escanos habituais para que poidan situarse deputados e senadores, xa que se trata dunha sesión conxunta. Vaise retirar tamén a tribuna de oradores. E a imaxe será similar ao do 30 de xaneiro de 1986, cando o agora rei Filipe VI xuraba a Constitución.

Non será a primeira vez que a princesa de Asturias acuda ao Congreso. Xa estivo na apertura da actual lexislatura, en xaneiro do 2020. Agora chega á maioría de idade nun mes en que tivo unha intensa axenda institucional. Xurou bandeira na Academia Militar de Zaragoza, estivo nos actos do 12 de outubro e acudiu á entrega dos Premios Princesa de Asturias, onde expresou a ilusión coa que afronta o acto do día 31

Como fixo o pai, a princesa de Asturias comprometerase a desempeñar as súas funcións, gardar e facer gardar a Constitución e as leis. Tras o acto no Congreso, haberá outra celebración no Palacio Real, onde o Goberno imporá á princesa o colar da Orde de Carlos III. A xornada rematará cunha festa familiar no Palacio do Pardo, á que si asistirá o avó, o rei don Xoán Carlos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade