Como podemos protexer os móbiles das altas temperaturas?
Como podemos protexer os móbiles das altas temperaturas?
Non expoñelo directamente ao sol ou non cargalo mentres se usa son algúns consellos básicos
A batería é un dos compoñentes máis sensibles á calor, que mesmo podería chegar a explotar
Os aparellos electrónicos poden ter problemas se acadan altas temperaturas, polo que o verán preséntase como a época en que máis degradación poden sufrir os seus compoñentes. Para evitalo, debemos manter certas precaucións, sobre todo, cos móbiles que son os que adoitan ter unha maior exposición ao sol.
Nos móbiles de gama alta, o rendemento pode baixar cando o teléfono comeza a subir a súa temperatura, e nese caso o normal é que reduza o brillo da pantalla. A batería é outro dos compoñentes máis sensibles á calor, que mesmo podería chegar a explotar.
Descansar o teléfono á sombra ou evitar un uso moi prolongado son algúns dos consellos útiles para que o noso móbil non sufra as altas temperaturas.
Os teléfonos deben manterse a unha temperatura entre 0 e 35 ºC para poder funcionar de xeito óptimo, pero cando os termómetros superan esa cifra só resta seguir os consellos dos expertos e deixar descansar o aparello, que tamén ten dereito ás súas vacacións.