Publicador de contidos
Publicador de contidos

Compostela Aberta entrará no goberno de Santiago, liderado polo BNG

Compostela Aberta entrará no goberno de Santiago, liderado polo BNG

Ambos os partidos comezarán a traballar no acordo para a integración nunha xuntanza prevista para este mércores

María Rozas, concelleira de Compostela Aberta María Rozas, concelleira de Compostela Aberta
G24.gal 06/06/2023 22:13

A asemblea de Compostela Aberta, marea que conseguiu dous concelleiros nos comicios do 28 de maio, acordou aceptar a proposta do BNG para negociar a integración nun goberno de coalición.

Así se acordou na reunión celebrada este martes á tarde.

Na reunión prevista para este mércores co Bloque Nacionalista Galego empezará a traballar no acordo para a integración dos dous concelleiros electos de Compostela Aberta nese posible executivo de coalición.

Ambos os edís, María Rozas e Xan Duro, xa foron concelleiros con responsabilidades de goberno no mandato 2015-2019, en que Martiño Noriega foi alcalde da cidade.

A pesar da decisión adoptada, Rozas admitiu que os resultados das eleccións “nin son satisfactorios nin son os esperados, pero somos tamén conscientes de cales foron as dinámicas en Galicia e no conxunto do Estado”, que, en todo caso, “dan a oportunidade de ter unha base sobre a que construír a Compostela Aberta do futuro”. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade