Conde asume Política Social durante a baixa de Fabiola García
Conde asume Política Social durante a baixa de Fabiola García
A responsable de Política Social deu a luz o pasado domingo ao seu segundo fillo
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asumirá as competencias da responsable de Política Social, Fabiola García, durante a súa baixa por maternidade.
Así o recolle este mércores o Diario Oficial de Galicia (DOG) despois de que a conselleira dera a luz o pasado domingo ao seu segundo fillo.
Os asuntos desta Consellería pasarán a depender do vicepresidente primeiro durante a "ausencia temporal" da conselleira "por razóns de maternidade".
Fabiola García anunciou a súa recente maternidade a través dunha mensaxe en Instagram co texto "Benvido, Manuel! Que ganas tiñamos de coñecerte! Moitas grazas a todos polo voso agarimo e ao persoal do CHUS por coidarnos tanto e tan ben".