Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condenan a prisión permanente revisable a nai da pequena Desirée

Condenan a prisión permanente revisable a nai da pequena Desirée

O tribunal do xurado considera probado que a asfixiou coas súas mans e que a nena chegou a espertar e intentou defenderse, sen posibilidade de éxito

Ana Sandamil, no xuízo que se celebrou na Audiencia de Lugo
G24.gal 28/02/2022 13:48

A Audiencia de Lugo condena, de acordo co veredicto do xurado popular, a prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato da súa filla de 7 anos, Desirée Leal.

O tribunal do xurado considera probado que a asfixiou coas súas mans e que a nena chegou a espertar e intentou defenderse, sen posibilidade de éxito.

A acusada, segundo a sentenza, tiña afectadas parcialmente as súas facultades mentais, pero non de forma importante.

Segundo a resolución, a principal causa pola que a nai matou a pequena foi a intención do pai de modificar o réxime de visitas para pasar máis tempo coa súa filla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade