O Goberno recupera o proxecto da subestación de alta tensión de Vigo, clave para Stellantis
O Goberno recupera o proxecto da subestación de alta tensión de Vigo, clave para Stellantis
A ministra de Transición Ecolóxica di que a subestación poderá facerse con financiamento europeo
O Goberno aproba os plans hidrolóxicos de 12 concas dependentes do Estado, entre eles Galicia-Costa
Ribera asegura que Galicia "non queda fóra do proxecto H2MED"
O Goberno confirma que Vigo disporá dunha subestación eléctrica das características que viña demandando a planta de automóbiles de Stellantis.
Confirmouno a ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, nunha conferencia de prensa en que tamén asegurou que Galicia estará conectada ao novo corredor de hidróxeno.
Todo, tras un Consello de Ministros que tamén deu luz verde aos novos plans hidrolóxicos.
O Goberno investirá case 23.000 millóns de euros de aquí a 2027 para mellorar a xestión dos recursos hídricos.
A aprobación dos plans hidrolóxicos comprende 6.500 medidas que afectarán, entre outras, á demarcación Galicia-Costa e á conca Miño-Sil.
A maior parte dos cartos irá destinada a infraestruturas de saneamento e depuración, regadíos e abastecemento.
Ademais, vanse reducir as asignacións de auga para os distintos usos e váiselles dar máis protagonismo ás desalgadoras, dúas decisións que a ministra xustificou pola redución dun 12% nos leitos dos ríos españois desde 1980.
Teresa Ribera tamén confirmou os plans de construír unha nova subestación eléctrica de moi alta tensión en Vigo, condición da que dependen os novos investimentos de Stellantis na planta viguesa.
"Grazas ao financiamento europeo do Repower poderemos investir en máis redes de transporte e en máis subestacións, unha delas en Novo Vigo", dixo Teresa Ribera.
Teresa Ribera tamén garantiu que a nosa comunidade formará parte do corredor de hidróxeno verde que están comezando a fraguar España, Francia e Alemaña.
"O transporte do hidróxeno está deseñado con dous eixes vertebradores norte-sur e leste-oeste máis algunhas ramificacións. A ramificación con Galicia forma parte dese proxecto".
A conexión é necesaria para transportar o hidróxeno, e tamén o gas, desde Galicia a outros puntos de Europa.
A Xunta reclámalle ao Goberno central certezas, fondos para esta conexión, que enlazaría Guitiriz con Zamora.
O vicepresidente económico considera que Galicia está sendo marxinada porque non hai investimento previsto.