O Goberno di que non se vai cambiar "nin unha coma" sobre o consentimento na lei do 'só si e si'
O Goberno di que non se vai cambiar "nin unha coma" sobre o consentimento na lei do 'só si e si'
A ministra Irene Montero admite discrepancias co PSOE na reforma en relación ao consentimento
Os socios de Goberno, PSOE e Podemos, levan meses negociando a reforma da lei do só si é si.
As discrepancias xorden co consentimento como admitiu a ministra de Igualdade.
Malia que as catro reformas presentadas por Podemos foron rexeitadas, Montero asegura que seguirán traballando polo acordo e por non volver ao modelo anterior.
"Ata catro reformas presentadas que manteñen o consentimento no centro do Código Penal foron rexeitadas. Non lles vou ocultar que temos unha discrepancia sobre o consentimento. Imos seguir traballando para que haxa acordo, pero, como saben, o Ministerio de Igualdade non pode asumir unha proposta que volva ao modelo anterior como está pedindo o PP", dixo Irene Montero, Ministra de Igualdade.
Negocian sobre un documento do Ministerio de Xustiza que prevé retomar as condenas anteriores á lei e aumentar as penas mínimas de haber violencia e intimidación. De aí sairá, din, unha proposición de lei para presentar no Congreso que reforme a lei sen tocar o artículo do consentimento. Podemos desconfía.
"Non tocamos o artigo do consentimento. O consentimento seguirá sendo o corazón da lei" asegura Patxi López. Voceiro do Grupo Socialista no Congreso.
"O PSOE di que coa proposta de Xustiza protéxese o consentimento, pero iso é retórica"
A priori, os socios parlamentarios están a favor dos cambios mentres o PP ofreceulle ao PSOE os seus votos no Congreso para unha reforma inmediata" di Pablo Echenique, voceiro de Unidas Podemos no Congreso.
"Non necesitan ninguén máis. Isto pódese facer xa, afirma "Cuca Gamarra. Voceira do grupo parlamentario popular.
Gamarra critica que o Goberno rexeitara ata hai 24 horas modificar a lei e non cese a ministra de Igualdade.