Publicador de contidos
Publicador de contidos

Respiradoiros, ventilación e estufas apagadas para durmir: así se evitan intoxicacións con monóxido de carbono

Respiradoiros, ventilación e estufas apagadas para durmir: así se evitan intoxicacións con monóxido de carbono

O CO é incoloro e non cheira e pode provocar a morte en minutos

G24.gal 20/03/2024 14:10

Chámanlle a morte doce. O monóxido de carbono é incoloro e non cheira e pode provocar a morte en minutos. José Benito Álvarez, oficial dos bombeiros de Ourense, explica que os síntomas dunha intoxicación son "mareos, dor de cabeza e náuseas".

A madeira, o butano, ou a gasolina, calquera combustible que conteña carbono é unha fonte potencial de CO. Por iso é moi importante non taponar os respiradoiros, ventilar e nunca durmir cunha estufa acendida. As grelladas sempre fóra e chemineas revisadas e limpas. Aconsellan ademais mantementos anuais feitos por profesionais.

No caso das novas estufas de butano teñen uns sensores que as fan máis seguras que cando detectan que se apaga ou o aire ten moita concentración de monóxido de carbono, apáganse soas.

Pero hai que estar igualmente atentos, nunca pecharse nun cuarto cunha estufa e cambiar as gomas cada cinco anos como máximo.

Poden tamén evitar traxedias coma a de Toledo, que se dan todos os invernos, os detectores de monóxido de carbono que teñen unha alarma en caso de altas concentracións.

Un asasino silencioso, o monóxido de carbono, co que cómpre ser moi previsores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade