Positivos e confinados poden reclamar os cartos das viaxes contratadas
Positivos e confinados poden reclamar os cartos das viaxes contratadas
As aeroliñas teñen un prazo de sete días para facer o reembolso
Facua lembra que se poden reclamar as entradas de espectáculos
As asociacións de consumidores lembran que se pode esixir a devolución dos cartos dunha entrada ou dunha viaxe anulada por un contaxio ou un confinamento, decretado pola Administración.
A reclamación pódese presentar na axencia de viaxes, na compañía de transportes ou na empresa turística.
"Sempre que non poidamos gozar do servizo por unha circunstancia vencellada á covid na que esteamos seguindo indicacións da Administración, a lei, desde marzo do ano pasado, establece a obriga a que nos devolvan o diñeiro, e ademais nun prazo máximo de 14 días ou mesmo 7 no caso das compañías áreas".
Rubén Sánchez, secretario xeral de Facua, explica que se pode pedir o reembolso do diñeiro se o cliente está contaxiado ou confinado por contacto estreito cun positivo.
Advirte de que as compañías de transportes, sexa Renfe ou calquera aeroliña, e tamén as de espectáculos, van poñer atrancos para evitar a devolución. Por iso, recomenda reunir probas para apoiar a reclamación.
"Se no sistema sanitario público non nos fan a PCR ímolo ter complicado, teremos que pedir cita médica, solicitar a proba, esixila, formular a reclamación por escrito porque é esencial para poder reclamar cantidades de diñeiro que poden ser incluso de miles de euros", asegura.