Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos valora positivamente o xiro á esquerda de Sánchez e agarda reeditar a coalición

Podemos valora positivamente o xiro á esquerda de Sánchez e agarda reeditar a coalición

"Nas esquerdas remarcamos máis as nosas diferenzas que as conquistas comúns, que son moitas e hai que poñelas en valor", respondeulle o presidente a Echenique

"O goberno non esquece para quen goberna" salientou Pedro Sánchez

G24.gal 12/07/2022 17:24 Última actualización 12/07/2022 20:56

Unidas Podemos celebrou o xiro á esquerda que dou este martes Pedro Sánchez no debate sobre o estado da nación e mesmo dixo que por este camiño aumentan as posibilidades de revalidar o goberno de coalición en 2023, segundo palabras do voceiro parlamentario Pablo Echenique.

Tamén valoraron o golpe de timón do presidente despois de meses ens que "algunhas mensaxes desorientaban o rumbo" e tocaba reorientalo con medidas "valentes" como as que adoptou este martes o presidente.

Na súa intervención, Echenique tamén atacou ao PP e pediulle ao presidente do Goberno que deixe de mirar cara os populares e que saque adiante as iniciativas que lle quedan este ano coa maioría da investidura.

"Non fai falla que siga tendendo a man ao PP, xa comprobamos que nunca a vai coller e máis ben pensan en cortárllela", segundo sinalou Echenique para arremeter contra os populares, entre outras cousas, por non renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial.

Unidas Podemos subliñou ademais que o Goberno ten que centrar os seus esforzos en lograr a paz e en destinar todos os recursos para protexer a xente, en lugar de aumentar o investimento militar tras a guerra de Ucraína.

Resposta de Sánchez a Unidas Podemos

O presidente do Goberno respondeulle a Echenique sobre o suposto xiro á esquerda no seu discurso. Pedro Sánchez incidiu en que "o Goberno non olvida para quen goberna".

"Nas esquerdas remarcamos máis as nosas diferenzas que as conquistas comúns, e penso que son moitas e que hai que poñelas en valor", comentaba o presidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos