Continúa o descenso no prezo dos combustibles por quinta semana consecutiva
Continúa o descenso no prezo dos combustibles por quinta semana consecutiva
Co desconto do Goberno, o prezo medio dos carburantes sitúase arredor dos 1,70 euros
É a quinta semana consecutiva cos prezos dos carburantes á baixa e ás portas do mes de agosto.
Un descenso que coincide co mes por excelencia das vacacións e cun dos momentos de maior número de desprazamentos por estrada do ano.
O prezo medio do litro de gasolina sitúase nos 1,95 euros, tras rexistrar unha baixada do 3,5% respecto á semana pasada.
No caso do diésel está arredor dos 1,93 euros, cunha baixada de case o 2 por cento.
Se a isto lle engadimos o desconto dos 20 céntimos que o Goberno impuxo o pasado mes de abril, o prezo medio dos carburantes sitúase arredor dos 1,70 euros.
Con estas cifras moitos aproveitaron para encher o depósito antes de que volvan subir as tarifas, o que deixa moito movemento nas estacións de servizo.