Continúan as negociacións para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial
Continúan as negociacións para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial
O principal obstáculo é o requisito dun compromiso por escrito
Consenso no Poder Xudicial para nomear a Rafael Mozo substituto de Lesmes
Tras os avances que houbo na reunión entre Sánchez e Núñez Feijóo agora o principal obstáculo para renovar o goberno dos xuíces é o requisito dun compromiso por escrito. Por que si son orais, dicía o líder dos populares, "son meras conversas".
O Partido Popular quere que o Goberno se comprometa por escrito a que se reforme o sistema de elección nun prazo máximo de seis meses.
Este mércores durante os actos do 12 de outubro, Pedro Sánchez deixaba caer que non está disposto a asumir ese compromiso. Hoxe na tribuna do Congreso, o presidente do Goberno aseguraba que oxalá poidan chegar a un acordo.
Pola súa parte, o seu socio no Goberno, que asegura estar ao corrente das negociacións, móstrase máis belixerante ante a posibilidade de pacto co Partido Popular. Irene Montero, ministra de Igualdade aseguraba que "o Partido Popular ten que abandonar esa actitude sediciosa e chegar a unha solución para desbloquear o CXPX".
Mentres, os vogais do Goberno dos xuíces elixirán presidente a Rafael Mozo. Hai consenso para que sexa el, o vogal máis antigo, e non o presidente de sala máis antigo como pretendía Carlos Lesmes.