Continúan as protestas dos funcionarios de prisións en Barcelona pola inseguridade laboral
Continúan as protestas dos funcionarios de prisións en Barcelona pola inseguridade laboral
Os traballadores reclaman a dimisión do secretario de Medidas Penais
Denuncian que en 2023 houbo unha media de tres agresión diarias a funcionarios de prisións
Continúan as protestas dos funcionarios de prisións ás portas de tres cárceres de Barcelona para reclamar maiores medidas de protección ante as situacións de risco que soportan nos seus postos de traballo. Durante esta xornada o bloqueo impediu as visitas de fin de semana dos reclusos que non puideron saír das celas ou das instalacións aínda que tivesen permisos.
Levaban meses alertando do aumento de agresións e da inseguridade dentro dos cárceres e o asasinato dunha cociñeira a mans dun recluso nunha cadea de Tarragona desencadeou as protestas esta semana.
De portas para fóra os funcionarios de prisións manteñen bloqueados tres cárceres en Barcelona. Dentro 1.200 presos están nas súas celas sen poder recibir visitas familiares durante a fin de semana e a tensión aumenta.
"Os centros penitenciarios están silenciados á sociedade. O que pasa dentro a sociedade non o sabe. En 2023 sufrimos case seiscentas agresións, estamos falando de case tres agresións diarias. Aquí en Quatre Camins hai sete persoas de retén para intervención rápida se hai algún incidente. A situación está tensa fóra e tamén está dentro", asegura Fernando Fernández, funcionario de prisións.
Insisten en que a súa inseguridade laboral tamén implica inseguridade para os internos. Reclaman a dimisión do secretario de medidas penais, Amand Calderó, a quen non aceptan como interlocutor.
A conselleira de Xustiza, que compareceu acompañada de Calderó, apelou á responsabilidade dos traballadores para desescalar o conflito.