Convocan en Lugo unha protesta contra as ocupacións ilegais de inmobles no Sagrado Corazón
Convocan en Lugo unha protesta contra as ocupacións ilegais de inmobles no Sagrado Corazón
A mobilización demanda medidas por parte de todas as administracións públicas
Varios dos edificios do barrio lugués do Sagrado Corazón levan tempo ocupados de xeito ilegal. Co fin de reclamar o seu desaloxo, a asociación veciñal Porta de Lugo convocou os residentes na zona para que saian á rúa manifestarse.
A protesta está dirixida a todas as administracións. Ao Concello pídenlle que non inscriba os 'okupas' no padrón municipal; ao Goberno estatal, que lexisle para evitar as ocupacións ilegais, e á Xunta, que aumente a oferta de vivendas para persoas sen fogar.
Luis Abel Fernández, secretario da Federación Veciñal de Lugo: "Teñen que cambiar as leis. Para o que está sen vivenda, hai uns servizos sociais que lle poden axudar. O que pasa é que esta xente ocupa pisos non quere adaptarse a unhas normas. O problema vén de aí".
A mobilización terá lugar o sábado ao mediodía pola arteria principal do Sagrado Corazón.