Coren amosa a súa precupación polo desabastecemento de cereal importado de Ucraína
Coren amosa a súa precupación polo desabastecemento de cereal importado de Ucraína
A empresa avícola galega emprega ao mes 50.000 toneladas de cereal nas súas granxas
O xefe de compras de Coren, Jose Luis Rey, amosaba na Radio Galega a súa preocupación polas consecuencias da guerra en Ucraína, país do que importan a maior parte do millo que utilizan nas súas granxas.
Rey explica que a empresa consume "50.000 toneladas de cereal ao mes", principalmente trigo e millo. Para importar o primeiro di que hai alternativas "noutros países de Europa", pero non para o millo: "Estamos limitados á hora de importar millo en Arxentina e nos Estados Unidos por problemas de lexislación".
É por iso que a empresa está preocupada pola alza dos prezos, pero aínda máis por saber se contarán con alimento suficiente para os animais: "Imos pagar uns prezos das materias primas nunca vistos. Pero non e só o problema do encarecemento, senón que pode haber desabastecemento en momentos puntuais".
Rey admite que o incremento do custo do cereal pode repercutir no prezo que paga o consumidor, pero asegura que "moitas veces os mercados non asumen eses encarecementos".