Publicador de contidos
Publicador de contidos

Corenta artistas emerxentes, de diversos campos creativos, xúntanse ata o xoves na Cidade da Cultura

Corenta artistas emerxentes, de diversos campos creativos, xúntanse ata o xoves na Cidade da Cultura

Coñecer a perspectiva da crítica, do comisariado artístico, entrar en contacto cos que organizan exposicións e eventos é unha das oportunidades destes encontro

G24.gal 29/08/2023 13:39

Son vinte novos creadores galegos e outros vinte procedentes doutras partes de España. Atoparon no Gaiás un espazo onde compartir experiencias e coñecer os axentes que poden axudalos a difundir a súa obra.

"Vemos as exposicións xa finalizadas, pero o proceso creativo, de traballo, ao que se enfronta o artista, o medo, a falta de recursos... todo iso é do que falamos aquí", explica Martín Muniche, xestor cultural, director de museo e un dos monitores dos artistas emerxentes que participan neste encontro, o número 13. 

 "É unha oportunidade incrible porque nos permite facer conexións entre compañeiros e tamén é un punto de visibilidade", declarou Pilar del Puerto, artista conceptual e unha das novas creadoras seleccionadas para estes encontros.

Coñecer a perspectiva da crítica, do comisariado artístico, entrar en contacto cos que organizan exposicións e eventos é unha das oportunidades destes encontros. Este ano, centrados na foto e no mundo audiovisual, pero con cabida para todo tipo de creacións. Gústame ver compañeiros que fan performances, deseño gráfico, pintura", dixo o fotógrafo Gonzalo Gallego.

"É unha experiencia necesaria porque ao final o artista traballa en soidade, e non posibilidade do encontro con outros", engadiu Martín Muniche, xestor cultural e artfollower". 

Os encontros contan este ano con figuras como García Alix, Estela de Castro e Vari Caramés e desenvólvense no Gaiás, ata o xoves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade