Publicador de contidos
Publicador de contidos

Crean unha asociación para axudar os menores con altas capacidades de Lugo

Crean unha asociación para axudar os menores con altas capacidades de Lugo

Intelecto quere acompañar as familias e axudar á detección dos casos

Cren que boa parte do talento queda sen desenvolver

G24.gal 15/12/2023 20:45 Última actualización 15/12/2023 20:53

Falta de interacción cos compañeiros, aburrimento nas aulas ou ata acoso e marxinación. Son algunhas das situacións que nalgunhas ocasións afrontan os menores con altas capacidades por causa do seu elevado coeficiente intelectual. E é que a memoria e a capacidade de aprendizaxe non sempre son sinónimo de felicidade.

Outro problema, aseguran, é que o sistema educativo non sempre permite detectar as altas capacidades e en moitos casos quedan agochadas ou confundidas con trastornos da conduta. E tamén sorprende que 9 de cada 10 casos sexan de rapaces.

Dende Intelecto fan un chamamento ás familias  para visibilizar a súa situación, axudalas e desenvolver todo o potencial dos cativos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos