Cribados itinerantes de antíxenos para detectar asintomáticos
Cribados itinerantes de antíxenos para detectar asintomáticos
O obxectivo é achegar a toda a poboación, independentemente de onde viva, a posibilidade de realizar estas probas de xeito gratuíto
Ao longo desta semana realizaranse unha vintena, 18 deles na provincia de Ourense
O Sergas puxo en marcha unha vintena de cribados itinerantes, que se moven por distintos concellos para que todo o mundo poida facer estas probas. Boa parte están na provincia de Ourense, a provincia con máis dispersión da poboación.
Os equipos desprazanse a tres localidades da provincia cada tarde para realizar test de antíxenos. Funcionan con autocita, é dicir, é imprescindible inscribirse. Ás poucas horas de abrirse a autoinscrición xa se esgotaran as prazas en case todas as cabeceiras de comarca, por iso moitos alcaldes piden que volvan facer unha nova convocatoria.